Ir ó contido

Que cren as testemuñas de Xehová?

Que cren as testemuñas de Xehová?

As testemuñas de Xehová esforzámonos por cumprir coa clase de cristianismo que Xesús ensinou e os seus apóstolos practicaron. Este artigo resume as nosas crenzas principais.

  1.   Deus. Adoramos só ó único Deus verdadeiro, o Todopoderoso, o Creador. O seu nome é Xehová (Isaías 42:8; Apocalipse 4:11). El é o Deus de Abraham, Moisés e Xesús (Éxodo 3:6; 32:11; Xoán 20:17).

  2.   A Biblia. Cremos que a Biblia é a mensaxe inspirada de Deus para a humanidade (Xoán 17:17; 2a Timoteo 3:16). Baseamos as nosas crenzas nos 66 libros que a compoñen, o que inclúe o Antigo Testamento e o Novo Testamento. Jason D. BeDuhn, profesor de estudos relixiosos, axeitadamente afirmou que as testemuñas de Xehová basean “o seu sistema de crenzas e conxunto de prácticas na Biblia, sen alterar o seu contido nin predeterminar o que debe dicir”. a

     Malia que aceptamos todo o que di a Biblia, non sempre a interpretamos de maneira literal. Entendemos que algunhas partes da Biblia foron escritas en linguaxe figurativo, ou simbólico, e que non poden interpretarse de maneira literal.

  3.   Xesús. Seguimos as ensinanzas e o exemplo de Xesucristo, e dámoslle a honra que merece como o noso Salvador e o Fillo de Deus (Mateo 20:28; Feitos 5:31). Por iso é que nos chamamos cristiáns (Feitos 11:26). Non obstante, polo noso estudo da Biblia sabemos que Xesús non é a mesma persoa que o Deus Todopoderoso, e que tampouco hai base bíblica que apoie a doutrina da Trindade (Xoán 14:28).

  4.   O Reino de Deus. Este Reino é un goberno celestial, non algo que a xente teña no corazón. Substituirá a tódolos gobernos humanos e levará a cabo o propósito de Deus para a Terra (Daniel 2:44; Mateo 6:9, 10). Isto sucederá moi pronto, pois as profecías bíblicas indican que xa estamos a vivir “nos días derradeiros” (2a Timoteo 3:1-5; Mateo 24:3-14).

     Xesús é o rei do Reino celestial de Deus. Comezou a súa gobernación no ano 1914 (Apocalipse 11:15).

  5.   A salvación. Grazas ó sacrificio de Xesús podemos obter liberación do pecado e da morte (Mateo 20:28; Feitos 4:12). Pero para beneficiarse deste sacrificio, as persoas non só teñen que poñer fe en Xesús, senón tamén cambiar a súa vida e bautizarse (Mateo 28:19, 20; Xoán 3:16; Feitos 3:19, 20). Os feitos dunha persoa son os que demostran que ten fe (Santiago 2:24, 26). Non obstante, non é que merezamos a salvación, senón que só podemos obtela pola “gracia de Deus” (Gálatas 2:16, 21).

  6.   O ceo. Xehová, Xesucristo e os anxos fieis viven na rexión espiritual (Salmo 103:19-21; Feitos 7:55). b Só 144.000 persoas resucitarán no ceo para gobernar con Xesús no Reino (Daniel 7:27; 2a Timoteo 2:12; Apocalipse 5:9, 10; 14:1, 3).

  7.   A Terra. Deus creou a Terra para que os humanos vivisen nela para sempre (Salmo 104:5; 115:16; Eclesiastés 1:4). El bendicirá as persoas que sexan obedientes con saúde perfecta e fará posible que vivan para sempre nun paraíso na Terra (Salmo 37:11, 34).

  8.   A maldade e o sufrimento. A Biblia explica que un anxo se rebelou en contra de Deus e a partir dese momento comezaron a existir a maldade e o sufrimento (Xoán 8:44). Este anxo, a quen máis tarde se lle coñeceu como “Satán” ou “Demo”, enganou a primeira parella humana para que se unisen a el. As consecuencias desa decisión tiveron resultados desastrosos para os seus descendentes (Xénese 3:1-6; Romanos 5:12). Co obxectivo de poñer fin ás cuestións morais que o Demo fixo xurdir, Deus ten permitido a maldade e o sufrimento, mais non o fará eternamente.

  9.   A morte. As persoas que morren deixan de existir (Salmo 146:4; Eclesiastés 9:5, 10). Non están a sufrir nun inferno ardente.

     Grazas á resurrección, Deus traerá de volta á vida a miles de millóns de persoas que morreron (Feitos 24:15). Non obstante, todos aqueles que sexan resucitados e que rexeiten as normas de Deus serán eliminados sen esperanza de volver ser resucitados (Apocalipse 20:14, 15).

  10.   A familia. Tal e como Deus estableceu no principio, para nós o matrimonio é a unión entre un home e unha muller, e a única razón válida para o divorcio é a inmoralidade sexual (Mateo 19:4-9; 5:32, nota). Estamos convencidos de que os consellos da Biblia son os mellores se queremos ter unha familia feliz (Efesios 5:22–6:1).

  11.   A nosa adoración. Non adoramos a cruz nin ningunha outra imaxe ou ídolo (Deuteronomio 4:15-19; 1a Corintios 10:14). Algunhas características principais da nosa adoración son:

  12.   A nosa organización. Estamos organizados en congregacións. Cada unha delas está supervisada por un grupo de testemuñas de Xehová chamados anciáns, os cales non son parte de ningún clero nin tampouco reciben unha paga (Mateo 10:8; 23:8). Nas nosas reunións non se fan colectas e ninguén está obrigado a dar o décimo (2a Corintios 9:7). Toda a nosa obra finánciase grazas a doazóns anónimas e voluntarias.

     O Consello Reitor é un pequeno grupo de cristiáns maduros que traballan na sede mundial. Este grupo é quen dirixe as diferentes actividades das testemuñas de Xehová en todo o mundo (Mateo 24:45).

  13.   A nosa unidade. Sen importar de onde sexamos, todos temos as mesmas crenzas (1a Corintios 1:10). Esforzámonos moito por evitar calquera tipo de división social, étnica, racial ou de clase (Feitos 10:34, 35; Santiago 2:4). Non obstante, esta unidade non impide que cada testemuña de Xehová tome as súas propias decisións segundo lle indique a súa conciencia educada pola Biblia (Romanos 14:1-4; Hebreos 5:14).

  14.   A nosa conduta. Esforzámonos por demostrar amor sincero en todo o que facemos (Xoán 13:34, 35). Evitamos calquera práctica que non lle agrade a Deus. Por iso non facemos un mal uso do sangue. Isto inclúe, por exemplo, non aceptar transfusións de sangue (Feitos 15:28, 29; Gálatas 5:19-21). Somos persoas pacíficas e non participamos nas guerras (Mateo 5:9; Isaías 2:4). Respectamos os gobernos e obedecemos as súas leis, sempre e cando non estean en contra das normas de Deus (Mateo 22:21; Feitos 5:29).

  15.   A nosa relación cos demais. Xesús dixo: “Amara-lo teu próximo como a ti mesmo”. Tamén indicou que os cristiáns “non son do mundo” (Mateo 22:39; Xoán 17:16). Por iso tratamos de facer “ben a todos”, pero manténdonos totalmente neutrais en cuestións políticas e sen ter ningunha relación con outras relixións (Gálatas 6:10; 2a Corintios 6:14). Non obstante, respectamos as decisións que os demais tomen nestes asuntos (Romanos 14:12).

 Se tes máis preguntas acerca das crenzas das testemuñas de Xehová, encontrarás máis información na nosa páxina web. Tamén podes escribir a calquera das nosas oficinas, asistir a unha das nosas reunións, ou preguntarlle a unha testemuña de Xehová da túa zona.

a Podes consultar o libro Truth in Translation (A verdade na tradución), páxina 165.

b Aínda que se botou do ceo os anxos rebeldes, estes seguen a vivir na rexión espiritual (Apocalipse 12:7-9).