Ir ó contido

Os expositores de publicacións de Alemaña marchan de vacacións

Os expositores de publicacións de Alemaña marchan de vacacións

Nas grandes cidades do mundo, os transeúntes están afeitos a ver expositores coas publicacións bíblicas das testemuñas de Xehová. Por exemplo, en Alemaña hai expositores en Berlín, Colonia, Hamburgo, Múnic e outras cidades moi poboadas.

Obterían os mesmos resultados en vilas e cidades pequenas onde veranean os alemáns? Como os recibirían nas cidades turísticas do norte, nas vilas costeiras, e nas illas do Báltico e do mar do Norte? En 2016, a sucursal de Europa Central das Testemuñas de Xehová organizou unha campaña especial para descubrir a resposta a estas preguntas. De maio a outubro, unhas oitocentas testemuñas de Xehová que predican cos expositores en áreas metropolitanas, algunhas tan afastadas como Viena (Austria), ofrecéronse voluntarias para atender os expositores nuns sesenta lugares do norte de Alemaña.

“Parte da vila”

As testemuñas de Xehová tiveron unha boa acollida. Unha das voluntarias comenta: “A xente mostrou interese. Foron moi amigables, tiñan curiosidade e gana de falar”. Heidi, que estivo en Plön cos expositores, dixo: “Co paso dos días, a xente xa nos consideraba parte da vila. Algúns recoñecíannos e saudábannos cando nos vían”. Un home xordo díxolles en linguaxe de signos: “Estades por todas partes!”. El volvía cuns amigos dun encontro para persoas xordas no sueste de Alemaña, onde tamén se atopara coas testemuñas de Xehová.

A xente local mesmo lles ofreceu axuda. Na illa de Wangerooge, un policía acercouse e indicoulles amablemente como podían chegar a máis persoas. En Waren an der Müritz, o capitán dunha embarcación turística chamou a atención dos pasaxeiros sobre varios sitios de interese. Sinalou un expositor que había no porto e dixo: “E alí poden aprender cousas acerca de Deus”. Varios turistas achegáronse para ler os carteis dos expositores.

Os seguintes tres folletos gustáronlles ós turistas e á xente local:

  • ¿Se interesa Dios por nosotros?. Unha turista dixo: “Levo facéndome esta pregunta moito tempo. Agora por fin teño tempo de ler sobre o tema durante as vacacións”.

  • Deus ten boas noticias!. Un home maior díxolles ás testemuñas de Xehová que estaba moi decepcionado coa relixión. Eles explicáronlle que Deus é o único que pode resolver os problemas da humanidade. O home colleu o folleto e prometeu que o ía ler.

  • Eu tamén aprendo da Biblia!. Un pai deixou que a súa filla collese este folleto, especialmente deseñado para nenos pequenos. Ademais, levou un exemplar do libro Mi libro de historias bíblicas, e dixo: “Seguro que vai ser bo para a miña familia”.

Os transeúntes colleron máis de 3600 publicacións. Algúns solicitaron que as testemuñas de Xehová os visitasen para seguir conversando.

As testemuñas de Xehová que participaron nesta iniciativa quedaron encantadas. Jörg e maila súa muller Marina, que estiveron nunha zona preto do mar Báltico, dixeron: “Foi un regalo especial. Desfrutamos da creación de Deus e, ó mesmo tempo, puidemos falar con outros acerca del”. Lucas, que ten dezasete anos, comentou: “Encantoume! Non só o pasei ben, senón que tamén puiden darlles ós demais algo de moito valor”.