Ir ó contido

Invitámoste a visitar a nosa sede dos Estados Unidos

Invitámoste a visitar a nosa sede dos Estados Unidos

“Gardaremos coma un tesouro as marabillosas lembranzas da nosa visita á sede central”. Isto foi o que comentou un matrimonio de Vanuatu despois de visitar as nosas instalacións dos Estados Unidos. A maioría dos milleiros de visitantes que recibimos cada ano experimentan sentimentos semellantes.

Visitáchenos algunha vez nos Estados Unidos? Se aínda non tiveches a oportunidade, animámoste a que veñas.

Que poderás ver nestas instalacións?

Sede central de Warwick (Nova York). Poderás visitar tres exposicións. Na exposición “A Biblia e o Nome Divino“ atoparás Biblias únicas e descubrirás como se conservou o nome de Deus nas Sagradas Escrituras. A exposición “Un Pobo para o Nome de Xehová“ fai un percorrido visual pola historia das Testemuñas de Xehová. “A Sede Central. Unha Historia de Fe en Acción“ explica como nos organizamos as Testemuñas de Xehová para reunirnos, estudar a Biblia, compartir a mensaxe bíblica e formar unha irmandade caracterizada polo amor ó próximo. Tamén poderás desfrutar dunha visita guiada de vinte minutos de duración. Neste percorrido, verás algunhas áreas do edificio de oficinas e servizos mailos terreos da propiedade.

Centro Educativo Watchtower de Patterson (Nova York). Descubre os distintos cursos que aquí se imparten, tales como o Curso Bíblico Galaad ou o Curso para Membros de Comité de Sucursal e as súas Esposas. O percorrido inclúe vídeos e paneis explicativos sobre o traballo que realizan, entre outros, os departamentos de Arte e Audiovisuais.

Imprenta e Departamento de Envíos de Wallkill (Nova York). Únete á visita guiada para ver como se imprimen, encadernan e envían as Biblias e mailas publicacións bíblicas ás congregacións dos Estados Unidos, do Caribe e doutras partes do mundo.

Como podo reservar unha visita guiada?

Antes de planificar a túa viaxe, envía o formulario de reserva en liña. Está dispoñible en jw.org, na sección “Visita as nosas sucursais“. Aquí atoparás a información que precisas sobre as nosas sedes de Estados Unidos, tales como o enderezo ou a duración das visitas.

Quen son os guías?

Os voluntarios que traballan nos diferentes departamentos do complexo. Ven esta tarefa como un xeito máis de apoiar o noso labor educativo mundial. As visitas guiadas realízanse en decenas de linguas diferentes.

Canto costan as visitas guiadas?

As visitas guiadas son gratuítas.

Hai que ser testemuña de Xehová para poder facer a visita?

Non, non é necesario. Moitos dos visitantes que recibimos non pertencen á nosa relixión. Sexas testemuña de Xehová ou non, poderás coñecer mellor as labores de apoio ás actividades que a nosa organización realiza por todo o mundo.

Unha muller musulmana da India que visitou a nosa sede de Patterson comentou: “Encantaríame formar parte disto. Grazas por tratarme con tanto respecto”.

Poden ir nenos?

Os máis pequenos tamén son benvidos. Unha visita pode ter un profundo efecto neles. John, un visitante dos Estados Unidos, escribiu: “Desde que volvimos, os nenos que viñeron con nós non deixan de falar da visita. Ata ese momento, non entendían o que implicaba traballar nunha das nosas sedes, pero agora teñen a meta de ir alí como voluntarios”.

Pódense visitar as sucursais das Testemuñas de Xehová noutros países?

Si, hai visitas guiadas dispoñibles en moitos países. Se desexas visitar algunha delas, atoparás toda a información que necesitas na sección Visita as nosas sucursais. Estás cordialmente invitado a facer unha visita guiada en calquera das sucursais das Testemuñas de Xehová.