Ir ó contido

Levan a cabo as testemuñas de Xehová algunha obra misional?

Levan a cabo as testemuñas de Xehová algunha obra misional?

 Si. Onde queira que vivamos, tódalas testemuñas de Xehová esforzámonos por ter a actitude dun misioneiro, compartindo regularmente a nosa fe coas persoas que atopamos no noso día a día (Mateo 28:19, 20).

 Ademais, algunhas testemuñas visitan ou desprázanse a zonas do seu propio país onde queda moita xente por escoitar as boas noticias da Biblia. Outros múdanse ó estranxeiro para participar máis na obra de evanxelización. A todos eles alégraos moito poder colaborar co cumprimento da seguinte profecía de Xesús: “Seréde-las miñas testemuñas en Xerusalén, en toda a Xudea e Samaría e ata os confíns da terra” (Feitos 1:8).

 En 1943 creouse o Curso Bíblico Galaad, deseñado para dar formación especializada a algúns dos nosos misioneiros. Dende entón, levan asistido máis de 8000 testemuñas de Xehová.