Ir ó contido

Un sacerdote atopa respostas

Un sacerdote atopa respostas

 Eliso estaba a facer un curso da Biblia na casa dunha muller cando recibiron unha visita que non esperaban. Os que chamaban á porta eran un sacerdote e maila súa muller. Eliso escoitara que o único fillo desta parella morrera había pouco.

 Cando Eliso lles deu o pésame, o matrimonio comezou a chorar desconsoladamente. Entón o sacerdote dixo enfadado: “Non podo entender porque Deus permitiu que nos pasase isto! Como puido levarme o único fillo que tiña? Levo servindo a Deus 28 anos, facendo moitas cousas boas. E págamas así? Por que Deus matou o meu fillo?”.

 Eliso explicoulles que Deus non lles quitara o fillo. Faloulles do que ensina a Biblia sobre o rescate, a resurrección e a razón pola que Deus permite que nos pasen cousas malas. O sacerdote e a súa muller contestáronlle que xusto esas eran as respostas que lle estiveran pedindo a Deus.

 Á semana seguinte o matrimonio volveu e uniuse ó curso da Biblia. Eliso e maila muller estaban a analizar o capítulo 7 do libro Que ensina realmente a Biblia?, titulado “Verdadeira esperanza para os nosos seres queridos que morreron”. O sacerdote e maila súa muller participaron na conversa con moito entusiasmo.

 Algún tempo despois, este matrimonio asistiu a un congreso especial das testemuñas de Xehová que se celebrou en Tbilisi (Xeorxia). Quedaron abraiados polo amor e a unidade que alí sentiron. Por moito tempo tentaran inculcar esas calidades na súa parroquia, pero sen éxito.