Ir ó contido

PREGUNTAS DA XUVENTUDE

Como me pode axudar a Biblia? | Parte 1. Descubre os tesouros da Biblia

Como me pode axudar a Biblia? | Parte 1. Descubre os tesouros da Biblia

 “Intentei ler a Biblia, pero asustoume o longa que era!” (Briana, 15 anos).

 Sénteste así? Este artigo pode axudarche!

 Por que ler a Biblia?

 Paréceche que ler a Biblia é aburrido? Se pensas así, é normal. Quizais vexas a Biblia como un libro de máis de mil páxinas, coa letra pequena e sen imaxes, que non pode competir coa televisión e os vídeos.

 Pero mírao deste xeito: se atopases un cofre cun tesouro, non sentirías curiosidade polo que hai dentro?

 A Biblia é coma ese cofre. Contén un tesouro cheo de consellos que che axudarán a...

  •   tomar boas decisións.

  •   levarte ben cos teus pais.

  •   encontrar os mellores amigos.

  •   afrontar o estrés.

 Como pode ser que un libro tan antigo sexa práctico para nós? Porque “toda a Escritura está inspirada por Deus” (2 Timoteo 3:16). Isto quere dicir que os consellos que atopamos na Biblia veñen da persoa máis sabia do Universo.

A Biblia é un cofre cun tesouro cheo de xoias espirituais de moito valor

 Como ler a Biblia?

 Unha maneira é lela de principio a fin. Así poderás ter unha visión xeral da súa mensaxe. Hai moitas maneiras de ler a Biblia. Aquí tes dous exemplos:

  •    Poderías ler os 66 libros da Biblia na orde na que aparecen, dende a Xénese ata a Apocalipse.

  •    Poderías lela en orde cronolóxica, é dicir, na orde na que foron sucedendo as cousas.

 Idea. No apéndice A7 de La Biblia. Traducción del Nuevo Mundo, atoparás unha lista cronolóxica dos principais acontecementos da vida de Xesús na Terra.

 Unha segunda maneira é escoller un relato relacionado cun desafío que esteas a afrontar. Por exemplo:

  •   Gustaríache atopar amigos de confianza? Le a historia de Ionatán e David (1 Samuel, capítulos 18 ó 20). Logo, utiliza a ficha “Como encontrar amigos de verdad” para aprender leccións prácticas do relato.

  •   Gustaríache ser capaz de resistir mellor as tentacións? Le o relato de como Xosé resistiu a tentación (Xénese, capítulo 39). Logo, utiliza as fichas “Cómo resistir las tentaciones” e “Acusado falsamente” para aprender leccións prácticas do relato.

  •   Gustaríache aprender como che pode axudar a oración? Le o que lle pasou a Nehemías (Nehemías, capítulo 2). Logo, utiliza a ficha “Jehová contestó su oración” para aprender leccións prácticas do relato.

 Idea. Cando leas a Biblia, asegúrate de estar nun lugar tranquilo para que poidas concentrarte.

 Unha terceira maneira é escoller un relato ou un Salmo, lelo, e logo pensar en como che aplica. Despois de ler, faite preguntas coma estas:

  •    Por que incluíu Xehová isto na Biblia?

  •    Que me ensina sobre a personalidade de Xehová ou a súa maneira de facer as cousas?

  •    Como podería aplicar esta información na miña vida?

 Idea. Usa a edición de estudo de La Biblia. Traducción del Nuevo Mundo. Os vídeos, mapas e outros recursos que contén axudaranche a sacar o máximo proveito da túa lectura da Biblia.