Ir ó contido

É necesario pertencer a unha relixión organizada?

É necesario pertencer a unha relixión organizada?

O que di a Biblia

 Si, porque Deus quere que as persoas se reúnan para adoralo. A Biblia di: “Considerémonos uns ós outros de xeito que nos sirvamos de estímulo para o amor e para as boas obras. E non faltedes endexamais á nosa reunión” (Hebreos 10:24, 25).

 Xesús indicou que os seus seguidores pertencerían a un grupo organizado cando lles dixo: “Nisto coñecerán todos que sóde-los meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros” (Xoán 13:35). Unha das principais maneiras na que os seguidores de Cristo poderían demostrar este amor sería relacionándose con outros cristiáns. Para facelo, terían que estar organizados en congregacións e reunirse regularmente para adorar a Deus (1 Corintios 16:19). Xuntos chegarían a formar unha irmandade mundial (1 Pedro 2:17).

Necesítase algo máis que só pertencer a unha relixión

 A Biblia ensina que as persoas deben reunirse para adorar a Deus. Non obstante, non dá a entender en ningún lugar que unha persoa poida agradarlle a Deus polo simple feito de pertencer a unha relixión. É necesario que esta inflúa en tódolos aspectos da súa vida. Por exemplo, a Biblia di: “A relixión limpa e sen lixo ningún ós ollos de Deus Pai é esta: mirar polos orfos e polas viúvas nas súas coitas e gardarse da contaminación deste mundo” (Santiago 1:27).