Ir ó contido

Ir ó índice

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

A Terra está sendo destruída. O que di a Biblia

A Terra está sendo destruída. O que di a Biblia

 “Imos pola vía rápida cara o desastre climático. As grandes cidades quedarán baixo a auga, e sufriremos ondas de calor sen precedentes, tormentas aterradoras, escaseza de auga xeneralizada e a extinción dun millón de especies de plantas e animais. Isto non é ficción nin unha esaxeración. É o que a ciencia nos di que pasará debido ás nosas políticas enerxéticas actuais” (discurso de António Guterres, secretario xeral das Nacións Unidas, acerca do informe do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático publicado o 4 de abril de 2022).

 “Os científicos están facendo soar a alarma e avisando de que nos próximos anos os efectos destrutivos do cambio climático afectarán a case tódolos 423 parques nacionais [dos Estados Unidos], xa que son particularmente vulnerables á subida das temperaturas. Os desastres que poden ocorrer parecen apocalípticos: incendios e inundacións, derretemento das capas de xeo, subida do nivel do mar e ondas de calor” (“Flooding Chaos in Yellowstone, a Sign of Crises to Come” [Caos en Yellowstone a causa dunhas inundacións. Un sinal das crises que virán], The New York Times, 15 de xuño de 2022).

 Poderán solucionarse os problemas medioambientais da Terra? Nese caso, quen o fará? Fíxate no que di a Biblia sobre este asunto.

O dano medioambiental estaba predito

 A Biblia di que Deus eliminará os “que destrúen o mundo”, ou a Terra (Apocalipse 11:18). Isto ensínanos tres cousas:

  1.  1. Que os seres humanos danarían significativamente a Terra.

  2.  2. Que algún día se lle deixará de facer dano á Terra.

  3.  3. Que será Deus quen solucionará os problemas medioambientais do noso planeta, non os humanos.

O futuro do noso planeta está en boas mans

 A Biblia afirma que “a terra sempre queda”, é dicir, que nunca deixará de existir (Eclesiastés 1:4). Sempre estará habitada.

  •   “Os xustos herdarán a terra e habitarán nela para sempre” (Salmo 37:29).

 O noso planeta recuperarase por completo.

  •   “¡Que se alegren o deserto e maila terra reseca, que brinque de ledicia a estepa e que floreza!” (Isaías 35:1).