Ir ó contido

Ir ó índice

BalanceFormcreative/iStock via Getty Images Plus

Podes vencer a soidade axudando a outros. O que di a Biblia

Podes vencer a soidade axudando a outros. O que di a Biblia

 Moitas persoas arredor do mundo séntense soas e non son capaces de facer bos amigos. Algúns expertos cren que axudar a outros é unha boa forma de loitar contra eses sentimentos.

  •   “Axudar ós necesitados pode darlle sentido á nosa vida e axudarnos a combater o illamento e a desconexión social” (U.S. National Institutes of Health).

 A Biblia contén consellos prácticos sobre como podemos axudar ós demais. Seguilos pode axudarnos a loitar contra os sentimentos de soidade.

O que podes facer

 Sé xeneroso. Esfórzate por compartir o que tes cos demais. Busca oportunidades para pasar tempo con outros, sobre todo en persoa. Se o fas, é moi probable que se sintan agradecidos e que cheguedes a ser bos amigos.

  •   Principio bíblico: “Dade, e darásevos a vós” (Lucas 6:38).

 Usa as túas enerxías para axudar. Busca formas de axudar ás persoas que están pasando por un mal momento. Poderías escoitalas con atención ou ofrecerte a facerlles algún traballiño que lles resulte difícil.

  •   Principio bíblico: “Un amigo ama en todo tempo, e un irmán nace para a hora da adversidade” (Proverbios 17:17).

 Se queres saber máis sobre como ter bos amigos, le o artigo “La familia y los amigos”.