Ir ó contido

Ir ó índice

fcafotodigital/E+ via Getty Images

Ser vegano. O que di a Biblia

Ser vegano. O que di a Biblia

 Por todo o mundo hai moitas persoas interesadas no veganismo.

  •   “O veganismo é unha forma de pensar e de vivir na que as persoas fan todo o posible para evitar facerlles dano ós animais ou usalos co propósito de conseguir comida, roupa ou calquera outra cousa” (The Vegan Society).

 Ademais da preocupación polos animais, algunhas persoas fanse veganas para cuidar do medio ambiente, da súa saúde ou por razóns relixiosas.

  •   “O veganismo é diferente da maioría das dietas porque normalmente as persoas a ven como unha crenza, unha decisión moral e unha maneira de conseguir que o mundo sexa mellor” (Britannica Academic).

 É o veganismo a solución ós problemas do planeta? Fíxate no que di a Biblia.

Como ve o noso Creador os humanos e os animais

 A Biblia mostra que o noso Creador, Xehová Deus, a ve os humanos como seres superiores ós animais, e tamén di que lles deu autoridade sobre eles (Xénese 1:27, 28). Co tempo, Deus permitiu que os humanos utilizasen os animais para alimentarse (Xénese 9:3). Non obstante, non aproba o maltrato dos animais (Proverbios 12:10, TNM).

 De acordo co que di a Biblia, comer ou non comer carne é unha decisión persoal. b A nosa decisión non nos fai mellores persoas ós ollos de Deus (1 Corintios 8:8). Ninguén debería criticar o que outra persoa decida comer (Romanos 14:3).

A solución ós problemas

 A Biblia ensina que a maneira na que escollemos vivir non vai solucionar os problemas do mundo. Moitos dos problemas orixínanse nos sistemas político, social e económico, os cales ninguén pode arranxar. A Biblia di:

  •   “O torcido non se pode endereitar” (Eclesiastés 1:15).

 O noso Creador resolverá os problemas que temos hoxe en día. A Biblia describe de maneira figurada que vai facer.

  •   “Logo vin un ceo novo e unha terra nova, pois o primeiro ceo e a primeira terra xa pasaran; e o mar xa non existía” (Apocalipse 21:1).

 Deus substituirá os gobernos humanos, ou “o primeiro ceo”, por “un ceo novo”, o seu Reino celestial. O seu Reino eliminará “a primeira terra”, é dicir, as persoas malvadas, e gobernará sobre “unha terra nova”, é dicir, as persoas que estean dispostas a someterse á súa autoridade.

 Só baixo o goberno do Reino de Deus os humanos aprenderán a vivir en paz cos animais e a respectar o medio ambiente (Isaías 11:6-9).

a Xehová, ou Iavé, é o nome persoal de Deus (Isaías 42:8).

b A Biblia dá o mandato de “absterse [...] do sangue” (Feitos 15:28, 29). Isto significa que non debemos beber sangue ou comer carne que non estea desangrada, nin tampouco debemos comer ningún alimento ó que se lle engadise sangue.