Ir ó contido

Ir ó índice

COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS

A canle por satélite de JW chega ata onde Internet non pode

A canle por satélite de JW chega ata onde Internet non pode

1 DE ABRIL DE 2021

 Tódolos meses esperamos con moitas ganas os animadores programas e vídeos que se publican en JW Broadcasting. Non obstante, moitos dos nosos irmáns en África non poden acceder a estes programas a través de Internet. Por que?

 Boa parte de África ten acceso limitado a Internet e onde si que o hai, é lento ou moi caro. Por exemplo, nunha ocasión un superintendente de circuíto de Madagascar descargou un programa mensual de JW Broadcasting nun cibercafé e tivo que pagar 16 dólares. Isto é máis do que algunhas persoas gañan nunha semana! a

 A pesar destes problemas, millóns de persoas en África poden desfrutar agora de JW Broadcasting sen ter que usar Internet. Como poden facelo?

 Dende o ano 2017, as persoas que viven na África subsahariana poden desfrutar de JW Broadcasting nunha canle de televisión por satélite. Esta canle emite de forma gratuíta en 16 idiomas as 24 horas do día, os 7 días da semana.

Uns irmáns en Mozambique axustan a antena parabólica no Salón do Reino (2018)

 Para conseguilo, as Testemuñas de Xehová contratan un servizo de televisión para transmitir contido vía satélite. O sinal deste satélite chega a uns 35 países da África subsahariana. Este servizo custa máis de 12.000 dólares ó mes. De vez en cando págase unha cantidade a maiores para transmitir eventos en directo nunha canle secundaria. Grazas a isto, miles de persoas desfrutan dos congresos rexionais e programas especiais que se emiten cando un representante da sede central visita unha sucursal.

Un grupo de construción vendo a canle por satélite de JW en Malaui (2018)

 Moitas persoas, incluídas as que non son testemuñas de Xehová, ven a canle de JW na televisión da súa casa. Non obstante, algúns dos nosos irmáns non poden permitirse mercar o equipo necesario para poder vela. Para axudarlles, instaláronse equipos que reciben o sinal do satélite en máis de 3.670 Salóns do Reino. O equipo, incluído o transporte, custa aproximadamente uns 70 dólares se o Salón do Reino xa conta cunha televisión ou cun proxector. Se non os ten, pode chegar a custar ata 530 dólares.

 Os nosos irmáns están moi agradecidos por ter esta canle. Un ancián de Camerún di: “É como o maná no medio do deserto para a nosa familia”. Odebode, un irmán de Nixeria, comenta: “Vemos a canle en familia tres veces por semana. Meus fillos sempre esperan con ansia eses momentos. Ata nos piden ver a canle noutras ocasións”. Rose, que tamén é de Nixeria, di: “Estou moi contenta porque antes era adicta a canle das noticias pero agora prefiro ver a canle de JW. Cando vía as noticias enfadábame con facilidade e subíame a tensión. Pero JW Broadcasting é moi positivo e dáme moita tranquilidade. É a miña canle favorita, éche unha gran bendición de Xehová”.

Unha familia en Malaui vendo un vídeo para nenos na nosa canle por satélite

 Un superintendente de circuíto de Mozambique di que no seu circuíto instaláronse equipos para recibir o sinal do satélite nos Salóns do Reino. Os irmáns nesas congregacións chegan unha hora antes ou máis para ver JW Broadcasting antes da súa reunión.

Unha congregación en Etiopía despois de desfrutar do programa mensual de JW Broadcasting sen usar Internet (2018)

 Durante o congreso internacional de 2019 en Xohanesburgo (República de Suráfrica), empregouse esta canle para transmitir a outros nove lugares os discursos principais, incluídos os que presentou un membro do Consello Reitor. Sphumelele, que serve no Departamento Local de Broadcasting da sucursal da República de Suráfrica, di: “Antes, transmitiamos os discursos por Internet. Pero era necesario unha conexión a Internet estable e mercar datos. A canle por satélite de JW foi máis económica e fiable”.

 Grazas as túas xenerosas doazóns para a obra mundial, moitos irmáns en África poden ver JW Broadcasting vía satélite. Agradecemos moito as doazóns que fas a través dos diferentes métodos que atopamos en donate.isa4310.com.

a Todas as cantidades de diñeiro deste artigo son en dólares americanos.